Os equipos de excarceración desprazáronse á AG-55, en Carballo, para liberar ao condutor dun turismo que bateu por alcance cun camión cisterna cargado de combustible.De momento, o persoal do 112 Galicia mantén comunicación co camioneiro, que asegura o bo estado da carga malia ao golpe que sufriu a cisterna.
Para a atención do ferido, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron aos Bombeiros de Carballo e aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Mais, á chegada dos medios, a persoa xa estaba liberada e accesible e mostrábase consciente.Cómpre salientar que este sinistro rexistrouse no 112 Galicia pouco antes da unha desta tarde e os medios continúan traballando no punto