O popular monologuista e cómico, Pedro Brandariz, faleceu este martes ós 44 anos de idade despois de sentirse indisposto e antes de actuar no CEIP de Calo, no concello de Teo.
Onte ofreceu tres pases do espectáculo “Os poderes de Rosalía” nos colexios do Pindo e Carnota e hoxe tiña previsto actuar no colexio de Calo e tamén na cidade da Coruña.
Ten unha dilatada traxectoria como contacontos, monologuista e actor. E fíxose moi popular polas súas aparicións no programa Luar da TVG, colaborando tamén en emisoras como Radio Coruña. Aparte de participar en multitude de espectáculos individuais e colectivos.
“Eu sempre fun moi simpático”
Nunha entrevista en Radio Xallas (setembro 2019) falaba da súa profesión:”Eu sempre fun moi simpático pero tardei moito.Quería ser mestre e estudiei maxisterio. Pero empecei a facer teatro aficionado, descubrín o clown e o humor e xa vin que era o meu”Eu vivo por e para a comedia.Tes que formarte e facer moitas actuacións. Prefiro ter un caché e actuar moito que ter un caché alto e estar na casa”.
Brandariz comentaba que ”O humor non é unha ciencia matemática, hai que gañarse ao público”. Como o gañou él en cada función, en cada aparición televisiva, con cada xesto e con cada palabra. Boa viaxe Pedro.