10.8 C
Santa Comba
domingo, abril 7, 2024

Gómez Reino confía no cambio:”É imprescindible que se active cada voto de esquerdas”

Audio coa entrevista a Antón Gómez Reino

O candidato de Galicia en Común, Antón Gómez Reino, ten claro que “hai unha maioría social que quere un cambio” e que, en primeiro lugar, “é imprescindible que se active cada voto de esquerdas” para que logo PSdeG, BNG e GeC actúen con responsabilidade para formar un goberno.

O “aval magnífico” de Yolanda Díaz

Puxo como exemplo o traballo de Yolanda Díaz como Ministra de Traballo:”Fixo máis Yolanda Díaz en cinco meses  no Ministerio que Feijóo en once anos de goberno na Xunta”.

Gómez Reino expresou a súa idea de “garantir os servizos públicos no medio rural” e , se forma parte do goberno, comprometeuse a convocar á comisión mixta de transferencias se ben tamén considera que a Xunta “ten que exercer as competencias que ten, por exemplo, en materia industrial”.

Propón unhaeducación infantil e universitaria gratuita, e racionalizar a enerxía eólica “cun goberno que non estea ao servizo das empresas”.
Tamén falou sobre o futuro sobre a PAC:“Galicia ten que ser un actor en primeira persoa do rediseño da Política Agraria Común”.

E afirmou:“Cando Galicia en Común goberna fanse políticas en defensa das maiorías sociais”

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos