O alcalde de Santa Comba, David Barbeira, lamentou os actos vandálicos acontecidos na contorna da Fervenza de Castriz e anunciou que desde o concello “poñeremos todo o noso interese en tentar localizar aos autores deste tipo de comportamentos que atentan contra o noso patrimonio”.
Barbeira asegura que “non nós tremerá o pulso” no caso de encontrar aos promotores “destas condutas tan desagradables”.
Desde a alcaldía piden a colaboración veciñal para que acheguen calquera dato que poida axudar a esclarecer este ou outro tipo de actos vandálicos.“Santa Comba é un pobo exemplar e non podemos permitir que haxa destrozos de mobiliario nin que se deposite lixo nos nosos espazos públicos” manifestou o rexedor xalleiro.
Imaxe da pasarela arranxada polo alumnado de carpintería do Obradoiro de Emprego «Mellora 2019» que agrupa aos Concellos de Santa Comba, A Baña, Negreira e Val do Dubra