Representantes da ANPA Xallas do CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba presentaron no rexistro do Parlamento de Galicia, a petición de reforma integral do colexio xalleiro, avalada por 3212 sinaturas.
As sinaturas respaldan un escrito dirixido ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e ós diferentes grupos parlamentarios que compoñen a recén renovada cámara autonómica.
«Unha importante causa»
Desde a ANPA agradecen o apoio de “ todos os que se sumaron a esta importante causa” e confían en que se logre “transformar o noso colexio para o beneficio de todos”.
O pasado mes de febreiro celebrouse unha concentración reivindicativa nas inmediacións do centro educativo.

