10.8 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Anova agarda uns resultados espectaculares

Anova agarda que as coalicións nas que participa obteñan uns “resultados espectaculares” en cidades como Santiago, A Coruña e Ferrol e noutros municipios galegos. Así o afirmou o deputado Antón Sánchez, nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Fórmula Fun Bergantiños e Radio Xallas.

A pesar de que segundo Sánchez se fixeron “candidaturas de garantías” o problema radicou “na falta de tempo porque había espazo en máis concellos”. O deputado destacou que a idea fundamental é “democratizar os concellos” e puntualizou “o caso de concellos onde hai que loitar polo básico, por recuperar a democracia”, citando os exemplos dos municipios de Ponteceso e Coristanco, gobernados polo Partido Popular.

“Non queremos que haxa veciños de primeira por ser amigos do alcalde.Hai que facer unha política de democracia directa. Que os veciños coñezan as contas e poidan tomar decisións” manifestou Sánchez García.

Antón Sánchez criticou que tanto a administración autonómica como a estatal adoptaron medidas que perxudicaron ós cidadáns:“Nas altas esferas tomáronse decisións contra a maioría das poboacións”

Escoita a entrevista con Antón Sánchez

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos