10.9 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Sacristán:»Non son de ningún aparato, son do PSOE»

Julio Sacristán leva sete lexislaturas como alcalde de Culleredo, e agora aspira tamén a ser o secretario do PSdeG na provincia coruñesa. Promete acercar o partido máis a cidadanía e apoiar as pequenas e medianas agrupacións.

As propostas de Julio Sacristán

Julio Sacristán asegura que se presenta as primarias socialistas porque pensa que “podo aportar algo” para solucionar a “difícil situación do partido”, tomando medidas para que se acade “un grao de unión necesario para afrontar as eleccions con garantías de éxitos”.

Sacristán aposta por “formar aos nosos militantes”, “democratizar o partido” pero tamén “modificar o comportamento dalgúns compañeriros e compañeiras” e conseguir “restañar as feridas que nos viñemos producindo entre nós”.

“A xente ten que vincularse as ideas e non as persoas”

“A primeira medida vai ser contactar con todos para intentar unha vinculación.Que a xente se vincule as ideas e non as pesoas” adiantou Sacristán nunha entrevista realizada ao programa “Na Encrucillada” que se emite en Fórmula Fun Bergantiños(91.9FM) e Radio Xallas(107.5FM).

Julio Sacristán tamén aposta por dinamizar os traballo nas comarcas:“As comarcas non se poden abandonar e hai que darlles máis poder e máis apoio”. Outra proposta é e de modificalos estatutos para a “posta en funcionamento de listas de abertas”.O alcalde de Culleredo tamén pretende que os cargos públicos do PSOE “rindan contas do seu traballo”.

“Non son o candidato de ningún aparato”

Sobre as posibles coincidencias con formación como Podemos ou o BNG, Sacristán lamentou que ainda non se coñezan as propostas do partido de Pablo Iglesias e matizou:”O PSOE  é un partido de esquerdas e nalguns postulados podemos coincidir con Podemos e tamén co BNG”.

“No aspecto social e posible que coincidamos máis con Podemos que co BNG” apuntou sinalando que “Nós non somos nacionalistas, somos máis internacionalistas”.

Sobre as voces que o vinculan ao equipo de Francisco Caamaño dixo:“Eu non son o candidato de ningún aparato, son  militante do PSOE desde fai 33 anos. Nunca fago a critica nos medios aos secretarios xerais, eu  fágoa desde dentro”.“Non son de ningún aparato. Son independente a tódolos efectos” zanxou.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos