10.3 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

Compromiso quere que o 25-X sexa unha festa polo cambio político

Xoán Bascuas:“A celebración do noso Día Nacional debe facerse coa ledicia de quen festexa o futuro cambio político en Galicia”.

Compromiso por Galicia celebrará o Día Nacional de Galicia con distintas actividades no parque Eugenio Granell de Santiago de Compostela e cunha mensaxe moi clara:”A celebración do noso Día Nacional debe facerse coa ledicia de quen festexa o futuro cambio político en Galicia”.

«Chegou o momento do galeguismo aberto e integrador»

Na presentación dos actos, o secretario xeral de Compromiso por Galicia e candidato á presidencia da Xunta, Xoán Bascuas aproveitou para convidar ós cidadáns a que participen nesta xornada e tamén a que se acerquen ó proxecto do partido galeguista:”Abrimos as portas de Compromiso aos galegos e galegas que sintan esta terra, porque chegou o momento do galeguismo aberto e integrador, é a hora do sentido común e das solucións para este país».

Polo que respecta ao 25 de xullo, os actos desenvolveranse no parque Eugenio Granell de Santiago de Compostela. Ás dez da mañá haberá unha reunión do Consello Político Nacional de Compromiso por Galicia. Ás 12:00h abrirase o recinto e ás 13:30h organizarase un acto político no que se presentarán os cabezas de lista polas catro provincias galegas.Ás 14:30h terá lugar un xantar de confraternidade, e a partir das cinco da tarde haberá distintas actuacións musicais. O lema escollido este ano é “Galicia por Diante!”.

Por mor da celebración do Consello Político Nacional, os dirixentes de Compromiso organizarán o domingo 24 de xullo a tradicional ofrenda floral en homenaxe aos galeguistas históricos. Será no Panteón dos Galegos Ilustres desde as doce do mediodía.

Esta semana Compromiso por Galicia tamén estreaba a súa nova conta de twitter @Compromiso_gal

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos