3846 fans     1288 seguidores     39 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]

Compromiso quere que o 25-X sexa unha festa polo cambio político

Compromiso quere que o 25-X sexa unha festa polo cambio político

Actualidade | Publicada: 14/07/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
3
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 3 minutos e 1 segundo.

Xoán Bascuas:“A celebración do noso Día Nacional debe facerse coa ledicia de quen festexa o futuro cambio político en Galicia”.

Compromiso por Galicia celebrará o Día Nacional de Galicia con distintas actividades no parque Eugenio Granell de Santiago de Compostela e cunha mensaxe moi clara:”A celebración do noso Día Nacional debe facerse coa ledicia de quen festexa o futuro cambio político en Galicia”.

"Chegou o momento do galeguismo aberto e integrador"

Na presentación dos actos, o secretario xeral de Compromiso por Galicia e candidato á presidencia da Xunta, Xoán Bascuas aproveitou para convidar ós cidadáns a que participen nesta xornada e tamén a que se acerquen ó proxecto do partido galeguista:”Abrimos as portas de Compromiso aos galegos e galegas que sintan esta terra, porque chegou o momento do galeguismo aberto e integrador, é a hora do sentido común e das solucións para este país".

Polo que respecta ao 25 de xullo, os actos desenvolveranse no parque Eugenio Granell de Santiago de Compostela. Ás dez da mañá haberá unha reunión do Consello Político Nacional de Compromiso por Galicia. Ás 12:00h abrirase o recinto e ás 13:30h organizarase un acto político no que se presentarán os cabezas de lista polas catro provincias galegas.Ás 14:30h terá lugar un xantar de confraternidade, e a partir das cinco da tarde haberá distintas actuacións musicais. O lema escollido este ano é “Galicia por Diante!”.

Por mor da celebración do Consello Político Nacional, os dirixentes de Compromiso organizarán o domingo 24 de xullo a tradicional ofrenda floral en homenaxe aos galeguistas históricos. Será no Panteón dos Galegos Ilustres desde as doce do mediodía.

Esta semana Compromiso por Galicia tamén estreaba a súa nova conta de twitter @Compromiso_gal

@AdianteGalicia

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

A esquerda rupturista defende os distintos actos como mostra de pluralidade

A esquerda rupturista defende os distintos actos como mostra de pluralidade

O voceiro de Anova Antón Sánchez afirma:”Hoxe comeza un novo ciclo de rebeldía”.   Villares defende …

Ler máis
Ana Pontón:”Galiza ten que emerxer como nación”

Ana Pontón:”Galiza ten que emerxer como nación”

Un dos actos máis multitudinarios do BNG nos últimos anos. Pontón pide un novo estatus para Galicia “que nos permit…

Ler máis
Touros no Obradoiro en honor de Santiago Apóstolo

Touros no Obradoiro en honor de Santiago Apóstolo

A tradición taurina en Santiago de Compostela está documentada dende 1506 data na que se celebrou unha corrida na praz…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Día de Galicia - 25 Julio 2017
Enova Energia
Festival da Luz Gadis 2017
KNM Abogados
Verán Xalleiro 2017
Costa Artabra
OndaHit
Auto Xallas 2017
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Fuco Pérez Sen Segundo,veciño de Gargamala

Xosé González Martínez

  Cúmprese este ano  o 55º aniversario da obra de Celso E.Ferreiro “Longa noite de pedra”, publicada en 1962. Un dos poemas que contén o l…

Xosé González Martínez
Ler máis

Día da patria galega/Día de Galicia, xornada de pedagoxía galeguizadora

Xosé González Martínez

Presenciei moitas veces a mesma escena, aínda que con distintos protagonistas. Rematada a manifestación para reclarmar  protección gobernamental p…

Xosé González Martínez
Ler máis

Saiamos a rua a festejar !! Um novo tratado de livre comércio foi un feito!!!

Daniel Lago

Isso seria a lógica mesma, que deveria de funcionar logo da posta em marcha do JEEPA, o acordo de livre comercio entre a UE e o Japão.   Na c…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información