11 C
Santa Comba
domingo, abril 28, 2024

Aprobada a Conta Xeral 2020 en Santa Comba

A alcaldesa, María Pose, dixo que o resultado orzamentario negativo de 602.848 euros manifesta a “xestión nefasta” do goberno de David Barbeira nun ano de “parálise de actividades” que debería ter “liquidacións equilibradas”.

Afirmou que “é unha pena que non estea o Sr. Barbeira” para que lle explicara aos veciños estas “deficiencias” na xestión municipal porque “a responsabilidade é del, porque dicía que gobernaba el só”.

Motivo para unha moción de censura

Na mesma liña se expresou a non adscrita, Cristina Fajín. Deixou claro que “a moción de censura non era un capricho de dúas persoas”, e que este xeito de gastar “é un dos grandes motivos” do recambio na alcaldía. Fajín considera que “os veciños necesitan saber onde están eses cartos”.

Tamén lle recrimou ao exalcalde de Compromiso o excesivo gasto, José Antonio Ucha:”Entendo que cuns números como estes o señor Barbeira se tivera que dar a fuga”.

A denuncia de Ucha foi máis alá:”Comeuse 1,4 millóns de euros dos aforros dos veciños” durante o seu mandato cun “resultado orzamentario de 858.000 euros en negativo”. Aclarou que “non nos gustan os plenos urxentes”.

O portavoz do PSOE, Carlos Turnes, pediu que estas cousas se fagan con tempo e que coincidan cos plenos ordinarios. E tamén que “a documentación chegue con máis tempo” para poder ser estudiada.

A conta xeral foi aprobada cos votos a favor de PP e Cristina Fajín, a abstención de PSOE e de José Antonio Ucha que dixo que ““Esta forma de gastar tería que ter responsabilidades”.

Mensaxe de David Barbeira nas redes sociais

O edil de Compromiso e exalcalde durante o ano en cuestión, David Barbeira, non acudiu ó pleno.  A través das redes sociais criticou que “O equipo de goberno non nos remitiu aos concelleiros a documentación relativa á conta xeral para poder levar a cabo a nosa función (descoñecemos o motivo). Así non se pode ir aos Plenos”.

Para Barbeira “dende que o Partido Popular entrou no goberno de Santa Comba isto é unha dictadura”.

Ver o pleno de Santa Comba

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos