10.3 C
Santa Comba
lunes, mayo 20, 2024

Compromiso pide explicacións pola denuncia dun veciño

Compromiso e o PSOE refírense a un artigo de El Correo Gallego no que un veciño denuncia impedimentos por parte do concello para o uso do pavillón e a piscina.

O secretario local de Compromiso por Galicia, David Barbeira, empraza ao goberno local a dar explicacións pola polémica xurdida a raíz da denuncia presentada no cuartel da Garda Civil de Santa Comba por parte dun veciño de Santa Comba que se dedica aos servizos deportivos, e que foi difundida polo xornal El Correo Gallego.

“Necesitamos que desde o concello digan algo e que presenten as probas que teñan que presentar para desmentir iso ou se é verdade que se tomen responsabilidades” afirmou Barbeira que polo momento quere agardar “con cautela” as aclaracións do bipartito xalleiro.Na denuncia, Cleiton Santos, apuntaba á concelleira de deportes e a técnica deste mesmo departamento.

Reflexións do Partido Socialista

Pola súa banda, Desde o Partido Socialista tamén compartían a noticia de El Correo Gallego nas redes sociais e opinan que “esta é, ao final, a imaxe que se está a dar do noso Concello. Un concello atrasado e caciquil gobernado polo PP de forma despótica e absolutista. Unicamente saímos na prensa por asuntos coma estes ou por publicidade de autobombo, pagada con fondos públicos”.Os socialistas afirman que o trato que reciben os veciños “depende da cor política” e que os populares “só gobernan para os seus”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos