15.5 C
Santa Comba
domingo, diciembre 10, 2023

Sobresaínte para Carlos Blanco nun auditorio abarrotado

A magnífica actuación do monologuista e actor arousán veuse compensada cun cheo histórico.

 
Xosé Manuel Lema

A actuación de Carlos Blanco recordarase en Santa Comba por unha fotografía pouco habitual no auditorio do multiusos.Butacas cheas, ducias de persoas sentadas no chan, en cadeiras colocadas a maiores ou de pe, seguindo o magnífico espectáculo que durou 65 minutos. O tempo pasou voando ata para os que estiveron nas localizacións máis incómodas.

Carlos Blanco meteuse ao público no peto desde o inicio da función e as gargalladas e os aplausos xa conformaron a banda sonora orixinal deste evento. O actor arousán asistiu a unha cerimonia que supuxo a definitiva confirmación de que a xente quere RiXallas e que o evento ten unha posibilidades enormes para ser un aliciente, para os xalleiros pero tamén unha forma de atraer xente de fora e de proxectar a imaxe do concello.

Cos “seus mellores monólogos” Blanco Vila divertiu aos espectadores, acompañado de efectos sonoros e de luces. Monólogos de distintas épocas e temáticas recollidas nun só pase.

Non esqueceu o compoñente local e houbo distintas alusións a Santa Comba, Zas, A Baña ou Negreira ou a propia movida xalleira. Se a actuación de Manuel Manquiña desbordou as previsións, a de Carlos Blanco supuxo o récord dos tres anos de RiXallas e situouse no nivel dos actos máis concorridos deste recinto.Como é costume houbo representación da corporación local, nesta ocasión, asistiron os concelleiros do PP, Esther Espasandín e Juan Carlos Pérez e os socialistas José Antonio Ucha e Miguel Caamaño.

RiXallas 2017 terá a última actuación o vindeiro venres 20 de outubro ás 10 da noite con tres artistas xuntos no escenario. Pedro Brandariz, Isabel Risco e Fran Rei. Unha excelente maneira de despedir un ciclo de monólogos cómicos histórico. Os tres xa son vellos coñecidos do público local e nesta ocasión chegan para “Falar sen cancelas”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos