13.6 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Entroido en Val do Dubra, con cocido popular, verbena con La Fórmula e máis actividades

Este vindeiro venres 17 de febreiro na casa do concello de Val do Dubra colgarase un meco, feito pola asociación Avante, mentres se celebra o desfile escolar. Será o arranque da programación de Entroido.

O sábado 18 de febreiro, terá lugar un cocido popular no campo da feira de Bembibre. E a partir das 16,30h o percorrido das comparsas, carrozas e o concurso de disfraces.

Importantes premios

Haberá premios para as mellores.No apartado de carrozas, 1.000, 500 e 200 euros para as tres primeiras clasificadas. No de comparsas 800, 400 e 170 euros. No apartado individual 100, 80 e 50 euros e no de parellas premios de 150, 100 e 50 euros.

Verbena con La Fórmula

Desde as 20h será a entrega de premios e como broche a actuación da orquestra La Fórmula e a discoteca móbil Premium.

La Fórmula este ano incorpora a tres artistas a súa dianteira. Sara Vázquez(procede de Marbella), Jesús Alberto Antequera (de La Favorita) e Kevin Moreira. Seguen Fátima Grande, Maikel Ricoy, Christian Yennia e o carismático Antonio Moreira “Peke”.

Martes de Entroido

E o martes 21 de febreiro, baile infantil de disfraces desde as 17, con inchables, música con Animus, e degustación de filloas e chocolate con rosca. E ás 20h, a Queima do Meco.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos