13.6 C
Santa Comba
miércoles, marzo 29, 2023

Importante investimento da Xunta no CPI San Vicente da Baña


// O investimento Acende a 1.161.179,44 euros//

A consellería de Educación solicitou a concesión da licencia de obras para para acometer a rehabilitación integral do CPI San Vicente.


Tamén lle achegou ao alcalde, Andrés García Cardeso, o proxecto das obras que que permitirá cambiar a cuberta e ventás e mellorar a impermeabilización do centro para conseguir unha mellor eficiencia enerxética.


Está previsto que as obras se inicien na vindeira primaveira. As mesmas inclúen as melloras nas cubertas e impermeabilizacións, fachadas, carpintería exterior, acabados interiores e instalacións co obxectivo de incrementar o illamento e mellorar a eficiencia enerxética do edificio e o confort do alumnado.


Con esta actuación o edificio adaptarase ás novas esixencias construtivas establecidas no Plan de nova arquitectura pedagóxica de Galicia.

Foto archivo- Visita do xefe territorial de Educación Indalecio Cabana

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos