O candidato do Partido Popular á alcaldía de Cee, Jesús Picallo, manifestou que se presenta “para que Cee recupere a senda do que foi sempre” e “volva a ser ser a referencia comarcal, industrial e sanitaria que sempre foi e nunca debeu deixar de ser”.
Picallo fixo estas declaracións nunha visita que a secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, realizou ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee onde puxo en valor a “Lei de medidas extraordinarias para prazas de difícil cobertura” da Xunta e anunciou a presentación dunha moción nos plenos municipais dos 63 concellos correspondentes a estes centros para solicitar que nas futuras ofertas públicas de emprego aprobadas a través da devandita lei se inclúan as prazas vacantes dos hospitais de Monforte, O Salnés, Valdeorras, Verín, Virxe da Xunqueira de Cee, A Mariña e Barbanza.
Con respecto a Jesús Picallo, Paula Prado opina que é o candidato que “conseguirá que Cee recupere o brillo e o esplendor que merece e que nunca debeu perder”.
Tamén estiveron presentes nesta visita o secretario xeral provincial, Evaristo Ben, os portavoces de Cee, Muxía, e Dumbría, Antonio Domínguez, Sandra Vilela e Antonio Santamaría.