6317 fans     1585 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Ingenieria Rodríguez
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

O Pleno destina 380.000 euros para pagar a provedores e cofinanciar a renovación de alumeado

O Pleno destina 380.000 euros para pagar a provedores e cofinanciar a renovación de alumeado

Terras de Compostela | Publicada: 09/10/2019

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 5 minutos e 28 segundos.

O Pleno do Concello da Baña aprobou hoxe definitivamente en Pleno extraordinario a Conta Xeral de 2018, que será remitida ao Tribunal de Contas e ao Consello de Contas dentro do prazo legalmente establecido. Tamén aprobou un total de 380.000 euros para un suplemento de crédito e un crédito extraordinario que se destinarán para pagar a diferentes provedores e para afrontar a parte que lle corresponde ao Concello como aportación ao medio millón de euros concedido polo IDAE para a substitución de alumeado público en todo o municipio.

A Conta Xeral de 2018 foi aprobada por unanimidade de forma definitiva. Cun remanente positivo de tesourería de 803.950 euros, o documento será remitido ao Tribunal e ao Consello de Contas antes do 15 de outubro, prazo establecido para que o Concello poida optar a subvencións o vindeiro ano.

Tamén por unanimidade aprobouse un crédito extraordinario de 125.000 euros. Desta cantidade, 100.000 euros destinaranse a pagar a parte que lle corresponde ao Concello para executar a subvención de medio millón de euros concedido polo IDAE (do Ministerio para a Transición Enerxética) coa finalidade de mellorar o alumeado público no municipio con luminarias LED. Estas obras teñen que estar contratadas antes do mes de febreiro. Cos 25.000 euros restantes o Concello pagará os incremento dos orzamentos para executar obras en Vilar da T orre e Vilar de Suso, no camiño de Outeiro, en Marcelle, nunha pavimentación en Ceilán e na humanización da rúa Castiñeira.

Cos votos a favor do equipo de goberno (PSOE) e do PP, e a abstención de Compromiso por Galicia, aprobouse un suplemento de crédito de 255.000 euros que se destinarán a pagar facturas de provedores dos departamentos de servizos sociais, educación,  festas e promoción do deporte.  

Desta partida, 140.000 euros destinaranse a incrementar o orzamento de asistencia social primaria, para pagar servizos de dependencia, comedor, ou de libre concorrencia, ao considerar insuficientes os 70.000 euros asignados no orzamento municipal (o Concello traballa cus presupostos prorrogados de 2017).

Outros 58.000 euros vanse destinar a pagar as facturas de transporte do alumnado da Baña ata o IES Terra de Xallas de Santa Comba dos anos 2017 e 2018. Para pagar facturas da festas dos maiores dos anos 2016 e 2017 destinaranse 27.000 euros, e outros 30.000 para actividades de promoción e fomento do deporte.

César Ramos resaltou a importancia deste suplemento de crédito, pero non a urxencia do mesmo para abordalo nun Pleno extraordinario. Como a súa petición de deixalo para un Pleno ordinario non foi atendida, optou por absterse.

Andrés García Cardeso asegurou que era coñecedor desas partidas, e indicou que no caso de servizos sociais “cada vez hai máis demanda” polo que se incrementaron os gastos. Tamén recoñeceu que estaba sen pagar o transporte do alumnado de Bacharelato e ciclos formativos do curso 2017 e 2018, e pediu que a empresa que realiza o transporte presente as facturas trimestralmente.  Sinalou, así mesmo, que as facturas dos das festas dos maiores de 2016 e 2017 estaban sen pagar porque a empresa que “non presentou as facturas en tempo e forma debido a problemas familiares”.

“Somos responsables desas facturas”, indicou o ex alcalde e actual voceiro do Partido Popular, que votou a favor deste punto. O alcalde, José Antonio Pereira, indicou que cando o Partido Socialista chegou a alcaldía asumiu esas facturas e que por iso se presentaba este suplemento de crédito, para contar con fondos suficientes para pagarlles aos provedores.

Fonte- Concello da Baña

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

El PSOE presenta un plan de obras con actuaciones prioritarias para Santa Comba

El PSOE presenta un plan de obras con actuaciones prioritarias para Santa Comba

El portavoz del PSOE y primer teniente de alcalde de Santa Comba, José Antonio Ucha, ha presentado una solicitud para l…

Ler máis
El BNG de Cee insta al concello a sumarse a las ayudas de la FEGAMP para mejora de la cobertura móvil

El BNG de Cee insta al concello a sumarse a las ayudas de la FEGAMP para mejora de la cobertura móvil

//Manuel Sambade// La formación nacionalista pide al gobierno local sumarse a los planes de la Xunta para mejorar la…

Ler máis
Ejemplares de "O Rexionalismo" para la biblioteca de Fisterra

Ejemplares de "O Rexionalismo" para la biblioteca de Fisterra

//Manuel Sambade// La biblioteca de Fisterra recibe la donación de varios ejemplares de “O rexionalismo”, de Alf…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Autos Xallas
GADIS NAVIDAD 2019
SAT Busto Corzon Mazaricos
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Victimismo de los favorecidos y progreso de los desfavorecidos

José Gilgado

La semana pasada estuve en una cena con Meritxell Budó, portavoz del gobierno autonómico catalán. Una ocasión para conocer sin intermediarios, los…

José Gilgado
Ler máis

Elites do capitalismo, e culpa da “desaceleración”

Álvaro Rodríguez

Nas eleccións xerais do ano  2008, o bipartidismo (PP-PSOE) obtivo  o 83,81% dos votos emitidos,   (21.567.345 votos). Nas eleccións do pasado 1…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Parte de Laxe desaparecerá baixo o mar

Óscar de Souto

Recentemente GCiencia, El País, La Voz de Galicia, Praza.gal e outros moitos medios de comunicación, nacionais e internacionais,  recollen, en data…

Óscar de Souto
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información