Escoita as declaracións de César Ramos a partir do minuto 21 deste audio.
O líder de Compromiso por Galicia no concello da Baña salientou os “resultados moi satisfactorios” do partido galeguista que permitiron a perda da maioría absoluta do Partido Popular.
“O PSOE non mellorou os resultados”
César Ramos abre a porta a un entendemento co PSOE pero pediu “ter en conta os resultados que tivo Compromiso”, a pesar de non ter “a tradición electoral” do PP ou do PSOE. Con respecto aos socialistas dixo que “tendo todo a favor non melloraron os seus resultados”.
Portazo a García Cardeso
Pensa que son “os grandes vencedores” desta cita electoral e opina que “temos que estar no goberno municipal”.En declaracións a Radio Xallas tamén se referiu ao chamamento ao diálogo feito polo candidato do PP:”Andrés García Cardeso cando tiña que falar non falou e leva catro anos poñendo trabas e sen darnos información e poñendo moitos atrancos a nosa labor de fiscalización municipal”.