Escoita a entrevista con Juan Blanco a partir do minuto 31 deste audio.
O alcalde de Mazaricos está moi contento co “resultado espectacular” acadado este domingo “xa que ganamos en todas as mesas, e hai un consenso en todo o concello”.
Despois de sumar 7 das 11 actas posibles, Juan Blanco asume a “responsabilidade” e pretende “demostrarlle aos veciños que estes anos serán de mais esforzo” porque “agora xa non nos chega con aparecer no mapa, queremos ser os mellores en xestionar e en estar ao lado dos veciños”.
Mensaxe á oposición de Mazaricos
Agradeceu o apoio veciñal e tamén se dirixiu á oposición pedindo que “non fagan unha oposición destrutiva, porque a oposición destrutiva ataca a tódolos veciños, e eu non vou a consentir baixo ningún concepto que se ataque aos veciños e que se manipule a política para facer dano aos veciños”.Blanco advertiu que “a oposición ten moito traballo que facer, e a súa forma de facer campaña non dou resultados”.
O alcalde afirmou que “estamos aquí para seguir traballando” e as súas prioridades están en “marcar un orden cronolóxica” para cumprir o programa electoral e tamén os proxectos de abastecemento e “acabar as obras planificadas”, lembrando que este ano se destinan, por exemplo, 600.000 euros para a mellora dos camiños.