10.3 C
Santa Comba
jueves, mayo 9, 2024

O perexil, a esencia do país

As persoas somos como unha esencia, somos impacientes, vulnerables, arrogantes e sobre todo pouco coherentes con nós mesmos. Basta ollar para os laterais un día calquera da nosa existencia e comprobar que vivimos en demasiada tensión para estar xeralmente disconformes con nós mesmos.

Todo o que nos rodea camiña con moita presa para que na maioría dos casos non demos chegado ó destino con certo éxito. Se analizamos ben as informacións periodísticas darémonos conta de que se nos vende unha idealización que non é real, ou o que é peor, altérase a percepción das realidades facendo que o cidadán se frustre sen outro obxectivo mais claro que pisar ó rival para resaltar un mesmo dentro dunha corrupta miseria informativa e mediática.

A diario, vemos nos grandes lobbies de comunicación como novas que non contemplábamos como posíbeis nos sorprenden pola súa magnitude e incredulidade e para que nos fagamos unha idea mencionaremos as seguintes: Estados de corrupción millonarias, promesas de progreso inalcanzables, manipulación de datos segundo o interese, utilización de datos persoais falseados, opresión das sensibilidades distintas ás do poder económico establecido, falla de compromiso público e social dos poderes estatais e un longo etcétera de miserias.

Por entrar un pouco en materia, diremos que en Galicia vense agravados este tipo de factores negativos, debido ( parécenos a nós ) a que somos un pobo serio, traballador e humilde, mesturado na actualidade con diversas culturas, mais co agravante de que confiamos pouco en nós mesmos e nas nosas posibilidades de desenvolvemento interno. Isto que acabamos de comentar lévanos a sopesar o porqué despois de tantos anos non fomos quen de gobernarnos a nós mesmos na Xunta de Galicia ( onde gobernan maioritariamente partidos estatais ).

Para xustificar o escrito diremos que non hai dúbida ningunha de que na nosa Terra hai sentimento de galeguismo. Quizais o que falta é valentía e honorabilidade. Certo é tamén que os axentes políticos do nacionalismo excluinte, minoritario e residual non permitiron nunca a apertura dun galeguismo integrador e resolutivo que fixese que os galegos vivísemos mellor. Para corroborar esta apreciación mencionaremos algúns datos que nos axudarán a entendelo.

.- O salario medio galego está por debaixo do estatal e é o quinto mais baixo de España.

.- A renda pércapita galega é menor que a estatal e o que é peor, esta renda concentrase nos 20 concellos mais pudentes, o que quere dicir que os 193 restantes concellos xestionan miseria.

.- Aumenta a porcentaxe de risco da pobreza.

.- A inversión media estatal por cidadán é a metade que a do País Vasco.

.- O atraso na consecución de infraestruturas é maior ca media do estado.

.- As pensións son das mais baixas do estado español

.- A taxa de natalidade é inferior á media.

.- A emigración de xente moza preparada segue facendo que perdamos valor engadido.

.- Perdemos posicións no debate do financiamento autonómico.

Estas e outras moitas razóns deberían ser mais que suficientes para empezar a poñer en valor o noso. Sentirnos orgullosos de ser e vivir en Galicia, tratando de evitar as desigualdades sociais e pensando en aproveitar ben os recursos desta Terra que é tan próspera ou mais que outras do estado español. Hai moita presa e tamén unha aceleración onde parece que para chegar pronto ós obxectivos individuais o mellor é coller o primeiro tren (partido político) que nos leve á estación (representación municipal) sen valorar o sentido común e o esforzo honesto. Ó noso entender, as forzas políticas que actualmente están presentes nos concellos galegos non representan con rigor os seus veciños sobre todo cando din unha cousa e fan outra,e ademais cando a abstención política e o desprestixio son evidentes.

Imos acercándonos a 2019. Galicia precisa un partido galego, inclusivo e europeísta, conformado por xente de diversas sensibilidades e con certa transversalidade, pero crentes de que é posible gobernarse a si mesmos. O perexil ten que estar en tódolos xantares, esa é a esencia do país, e nese cometido andamos. Ese é o noso Compromiso.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos