3.8 C
Santa Comba
martes, abril 9, 2024

Apróbase o POS de Muros pero continúa o enfrontamento

O debate do POS+ de Muros foi un espello onde se reflicte a inestable e controvertida situación política do concello, cun goberno en minoría de Compromiso por Galicia e polémicas continuas tanto no salón de plenos como a través das redes sociais.

PP e PSOE critican a incompetencia do goberno local

Dous plenos extraordinarios solicitados pola oposición, dos cales finalmente se celebrou un, e máis un ordinario, para aprobar un plan de 750.000 euros, onde se recollen distintas propostas xa analizadas con anterioridade.

«Costounos chegar ata aquí, pero a nosa proposta finalmente vaise executar»explican desde o Partido Popular de Muros que cualifican a xestión de CxG de “despropósito” e aseguran que se puxeron en risco estes fondos “e todo isto para finalmente presentar unha proposta que finalmente recolle basicamente o que solicitou o Partido Popular de Muros nunha moción o día 17 de xaneiro”. 

A formación que lidera Inés Monteagudo matiza que non está de acordo con todo o plan pero si asegura que se recollen as propostas principais.

Tamén moi crítica amosouse a voceira do PSdeG, Caridad González Cerviño, que acusa ao goberno local de “incompetencia” e asegura que o equipo de María Xosé Alfonso “explorou todas as posibilidades de facer calquera cousa menos falar cos grupos políticos para aprobar o POS, incluso saltándose a lei e prevaricando de non rectificar de forma urxente”.

Foto arquivo

María Xosé Alfonso:»Foi un plan elaborado coas aportacións da oposición»

A alcaldesa pensa que a situación denominada como esperpéntica por La Voz de Galicia, foi provocada «pola imposición do PP e PSOE de ter que convocar dous plenos extraordinarios innecesarios» xa que o pleno ordinario estaba en prazo e polo tanto estábase a «malgastar tempo e cartos públicos».

«O pleno do PP era para aprobar unha priorización que xa se estaba cumprindo e o PSOE era para unha proposta que non respectaba esa priorización (acordo da xunta de portavoces) e, nun novo bandazo, eles mesmos renunciaron ao pleno no propio pleno» sinalou María Xosé Alfonso.

Finalmente a proposta presentada polo PP, consensuada co PSdeG, foi en gran medida recollida polo equipo de goberno, e foi aprobada cos votos a favor de Compromiso e dos populares.

María Xosé Alfonso sinalou que o POS + foi aprobado “a pesar das trabas do PSOE que incluso votou en contra” e que se trata dun plan “elaborado coas aportacións dos grupos da oposición (tamén do PSOE) e seguindo o acordado na reunión dos portavoces de todos os grupos da corporación”.

O BNG criticou a debilidade e a falta de xestión do goberno de Compromiso e o interese partidista posto en práctica tanto polo PP como polo PSOE.

750.000 euros de orzamento

O Plan provincial destina 180.000 para gasto corrente, 78.943 para amortizar  un préstamo bancario e 10.600 euros para pago a provedores.No apartado de obras están a mellora no cemiterio da Atalaia(70.283 e), dun camiño en Torea(111.884 e), da praza do Cristo de Tal(79.948 e), nas infraestruturas hidráulicas na Ribeira do Maio(208.711e), e a ampliación do vestiario do Eleuterio Balayo(59.998). 

Ademais agárdase realizar, mediante un plan complementario, actuacións en camiños de Rateira, Vistavós e a Agra da Filgueira.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos