10.2 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Jorge Suárez:»Na Semana Santa non haberá cruces invertidas»

O alcalde de Ferrol asegura que a coalición de goberno “vai ter continuidade” e que “todo seguirá igual” na Semana Santa aínda que se rebaixará a subvención económica.

“A relación do goberno é moi boa agora mesmo”

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez está convencido de que o acordo entre Ferrol en Común e o Partido Socialista “vai ter continuidade durante estes catro anos” porque “a cidade precisa un goberno estable”, e apelou a “lealdade”  e a unha “comunicación en positivo” para superar as “pequenas diferencias” que poidan existir.

“A relación é moi boa agora mesmo” dixo o alcalde nunha entrevista na Radio Galega, que louvou a Beatriz Sestayo “porque representa os valores da esquerda que aínda que perviven no PSOE”.

Jorge Suárez:“Galicia vai ter voz propia”

Jorge Suárez, membro de Esquerda Unida, comparte o posicionamento de Yolanda Díaz de estar no grupo de En Marea o igual que “a maioría da afiliación”. Sobre o feito que finalmente non haxa un grupo parlamentario propio sinalou que “Galicia vai ter voz propia. A xente o que lle importa é que haxa deputados galegos que defendan os seus intereses”.

Na súa opinión, as reflexións do líder galego de Podemos, Breogán Riobóo foron “desafortunadas e precipitadas”. Avogou por abrir as portas de En Marea “ós militantes do BNG” e destacou a existencia de alcaldes que “van empuxar por unha integración” se ben agora “hai unha corelación de forzas moi diferente”.

Semana Santa:”Non queremos tomar decisións drásticas”

No programa “Galicia por Diante” que presenta Kiko Novoa tamén lle preguntaron pola Semana Santa de Ferrol. Con certa retranca, o alcalde comentou que “non vai haber cruces invertidas” e que “todo vai seguir igual”, destacando que a relación coas confrarías “está calmada” e que o seu goberno non quere “tomar decisións drásticas”. Suárez non quixo precisar a cantidade pero si recoñeceu que se vai reducir a subvención.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos