12.7 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

A EFA Fonteboa gaña o XXII Premio Aresa

A fantástica labor que veñen desenvolvendo no Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa de Coristanco foi recoñecida de xeito unánime polo xurado dos premios  Premio Aresa de Desenvolvemento Rural.

Así o determinou o xurado integrado polo reitor da USC, Antonio López; a vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel; María Cruz Díaz, presidenta da Asociación Nacional de Enxeñeiros Agrónomos; Carme Pampín, CEO de GalChimia, e o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras.

“Para estar á altura dos retos que se veñen, é necesario contar con profesionais formados e cualificados e a EFA Fonteboa ten unha longa traxectoria na formación do ámbito rural” manifestou Antonio López informando que “tras estudar a fondo todas elas, acordamos por unanimidade que a vencedora desta vixésimo segunda edición do Premio Aresa fose a presentada polo Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa, de Coristanco”.

Pola súa parte, a adxunta á presidencia de Aresa, Carlota López, tamén presente no acto, subliñou unha vez máis “a calidade das candidaturas presentadas, coas que comprobamos o enorme futuro que ten o rural de Galicia”. 

Foron trece as candidaturas presentadas. Xunto coa EFA Fonteboa participaron: a Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga); Cooperativa Tres Fuciños; Muuhlloa; Timbersoul; Traloagro; Amarelante; DOP O Cebreiro; Estratexia de loita ecolóxica fronte á praga da rata topo; Carabuñas; Gandería María Dolores Vázquez Carballés; Belacolmea, e Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso.

A gala de entrega do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, que convocan a Universidade de Santiago de Compostela e o grupo Aresa, terá lugar o vindeiro 11 de marzo, se as condicións sanitarias o permiten.O Premio Aresa está dotado con 10.000 euros e unha placa conmemorativa.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos