O Concello de Mazaricos organiza, por terceiro ano consecutivo, a campaña de promoción comercial e hosteleira Namórate de Mazaricos. En colaboración cunha trintena de establecementos -comercios e hostelería- do municipio, a campaña sorteará premios entre as persoas clientes dos locais asociados. Poñeranse en circulación vales achegados polos comercios participantes. O sorteo celebrarase o día 18 de febreiro e emitirase a través de internet.
O concelleiro de Promoción Económica, Jorge Sanmartín Rial, agradeceu á trintena de comercios e restaurantes participantes a súa colaboración, un ano máis, para seguir «promocionando o noso». O edil salientou que a campaña permite dinamizar a economía local despois «das complicadas datas de xaneiro» e constituírse como «un segundo impulso ao consumo local durante o inverno» máis alá do Nadal.
O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, agradeceu a colaboración dos participantes e lembrou que «o comercio e a hostalería local xeran riqueza no municipio, riqueza que significa benestar para as nosas veciñas e veciños».
Na tarde deste 2 de febreiro, a tendente de alcalde, Beatriz Alvite Novío, e o concelleiro de Promoción Económica acudirán aos comercios participantes para lles facer entregas das rifas e os carteis da promoción.
Fonte- Concello de Mazaricos