13.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

Ameazan cunha tractorada ante a situación do sector lácteo

«Se non se toman medidas os tractores sairán á rúa porque a situación é insostible». Esta é a mensaxe lanzado polo novo presidente da asociación de gandeiros Agromuralla ante a situación do sector lácteo.

«Este ano, desde o mes de xaneiro, o que nos custa producir disparouse, coas subas actuais no recibo da luz e o gasóleo e o incremento que se está danto nos pensos e as materias primas, pero o que nos pagan polo leite non se moveu e non nos dá para pagar os gastos, polo que estamos perdendo cartos todos os meses» declarou José Luis Pérez Barreiro.

Veñen de solicitar unha xuntanza coa subdelegada do goberno para que traslade a situación ao Ministerio de Agricultura. Lembran que non se está cumprindo a Lei da Cadea Alimentaria que “obriga a que os prezos en orixe dos alimentos se adapten ao que custa producilos»

Piden a “implicación directa” do goberno central e tamén da Xunta de Galicia. Sinalan que as medidas deben ser urxentes:»No suposto de que no prazo de 7 días non teñamos resposta da Subdelegación do Goberno adoptaremos as medidas que consideremos máis oportunas para a defensa dos intereses do sector»

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos