7.2 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

Terceira petición da Valedora ó concello da Baña

A Valedora advirte que a falta de información desde o concello podería ser tomada como unha actitude “hostil e entorpecedora” das funcións da institución.

PSOE A Baña

Despois de dúas peticións por escrito infructuosas, A Valedora do Pobo, Milagros Otero, acaba de remitirlle ao alcalde da Baña, Andrés García Cardeso, un “recordatorio de deberes legais” para que remita un informe solicitado, relacionado cunha queixa do Partido Socialista, que denunciou no seu día uns “cobros irregulares” por parte dun concelleiro do Partido Popular en concepto de “dietas recibidas por asistir ó Consello Escolar como membro do mesmo cando realmente non asistiu a ditas xuntanzas de traballo” segundo explicou o voceiro socialista, José Antonio Pereira Gil.

Nin informe nin xustificación desde o concello da Baña

A Valedora do Pobo informa nun escrito que “nin se recibiu o informe reiteradamente requirido nin ningunha comunicación xustificativa de tal atraso”, e indican que puxeron en coñecemento da alcaldía da Baña a necesidade de colaborar coa institución, xa que senón a actitude do goberno poderá ser considerada “hostil ou entorpecedora” das funcións deste organismo, o cal se fará público de inmediato e quedará rexistrado no seu informe anual.

Os socialistas queren ter acceso a un informe detallado dos pagos realizados ao concelleiro, Roberto Rey. José Antonio Pereira critica que o alcalde Andrés García faga “caso omiso” das distintas peticións que lle chegaron, e lembra que o mesmo grupo municipal xa solicitou estes datos vía rexistro municipal.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos