6.8 C
Santa Comba
miércoles, marzo 27, 2024

A Valedora admite a trámite unha queixa do PSOE da Baña

//Os socialistas denunciaron que o concelleiro popular Roberto Rial cobrou dietas sen asistir as reunións//A Valedora do Pobo pide información ao concello da Baña//

A Valedora do Pobo, Milagros Otero, admitiu a trámite unha queixa presentada polo voceiro dos socialistas da Baña, José Antonio Pereira Gil, polas supostas “irregularidades cometidas” polo concelleiro popular Roberto Rial Calvo ao cobrar dietas por asistir como concelleiro de educación, durante o curso 2014/15, a xuntanzas do Consello Escolar “cando en realidade non asistiu”.A Valedora  informou que vai requirir ao concello da Baña que nun prazo de 15 días facilite información sobre a queixa presentada polos socialistas.

Na súa queixa, José Antonio Pereira, explica que pediron aclaracións en catro sesións plenarias e só recibiron “unha nota informativa que nada ten que ver co que temos solicitado” e afirma que desde o goberno local xustificaron “que os cobros foron compensados por outros días que ao parecer asistiu sen cobrar”. Tamén critican o atraso en recibir as actas da comisión de goberno, que lles chegan cada seis ou sete meses.

Os socialistas entenden que estas prácticas non son normais e solicitaron “que se admita e se tomen medidas correctoras e sancionadoras se procede, pola neglixencia do secretario do concello así como do alcalde, xa que ampara a este en todo o momento, a sabendas que se está vulnerando un dos principais dereitos dos concelleiros. O dereito á información”.Agora a queixa foi admitida e agardan pola resposta do goberno que presiden Andrés García Cardeso.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos