–“É gratificante que volvésemos a ter unha alcaldesa en Santa Comba–
O presidente provincial do Partido Popular Diego Calvo aspira a reelección no seu cargo como único candidato ao congreso que se celebra este mes. E coincidindo co inicio do curso político participou no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas.
Audio a partir do minuto 40
P- Que balance fai destes anos á fronte da dirección provincial?
R-Estivemos traballando arreo en todas as agrupación locais, nalgúns sitios conseguimos bos resultados e noutros temos que mellorar.
A nivel autonómico logramos o mellor resultado da historia na provincia con 14 deputados e a nivel xeral cumprimos as expectativas. Agora temos que preparar unhas boas eleccións municipais, e iso consiste en atopar as persoas máis axeitadas en cada sitio, en facer grandes equipos e intentar conseguir a confianza dos veciños.
P- Entendo que ao repetir faino con ilusión e con ganas de seguir sumando.
R-Sí. Daste conta de que hai cousas que foron mellorando, pero hai cousas que hai que mellorar e cambiar. Gustaríame seguir transformando cousas e cambiar algúns mecanismos e por iso me volvín a presentar.
P– Hai moitaS cousas que cambiar?
R-Hai que cambiar cousas que non funcionan.Estes días mantíñamos reunións en Muxía e Carballo e sempre saen propostas. Fáltanos mellorar a canle de información entre a nosa xente porque é unha cousa que nos demandan os afiliados e simpatizantes.
P- Arrancabas a túa rolda de reunións precisamente no partido xudicial de Corcubión, onde o PP non ten ningunha alcaldía. Supoño que tamén será un reto.
R- É un reto fundamental. É o único partido xudicial onde non temos ningunha alcaldía. Tivemos mala sorte nalgún momento nalgún concello. É fundamental busca un bo cabeza de lista, un bo equipo e remar todos xuntos na mesma dirección. Se facemos iso podemos ter un bo resultado. Nas últimas eleccións autonómicas, ganamos en todos os concellos menos en Corcubión.
P- Estas reunión son importantes…
R- Hai que facerlle sentir a xente que forman parte dun equipo e dunha estrutura. Que non só estamos con eles o día das eleccións. No día a día dos municipios, están os concelleiros que quitan adiante o traballo. Pero hai que contar coa xente da rúa, cos afiliados.
P-Nalgúns concellos o PP quedouse fóra do goberno por uns poucos votos (Santa Comba, Malpica). Agora o PSOE critican que vostedes participen en mocións de censura
R- Hai partidos que pensan que a xente é menor de idade ou que é tonta. Nas últimas eleccións municipais se nós poidéramos distribuir 1.500 votos nos concellos que quixeramos, teríamos 9 alcaldías máis. En sitios como Malpica, quedamos a menos de 50 votos da maioría absoluta, e unírose tres partidos para que non gobernara o partido que querían os veciños que gobernara. Son as reglas democráticas e nos aceptámolas. En Santa Comba igual.
E cando algúns deses partidos cambia de idea porque non cumpren con el, e decide romper o goberno e buscar outra posibilidade pois entón o PSOE dí que istonon é un comportamento democrático.
A mín avergóñame que haxa dirixentes socialistas que digan que isto non é democrático. Se hai algo que a xente entende que non é democrático e que se xunten todos para que non goberne o PP que é o que quita o maior número de votos.A xente non é tonta e o final lles vai a pasar factura e xa os poñerán no seu sitio.
P- A Deputación é un obxectivo claro para o PP
R- É fundamental recuperar a Deputación. Somos o partido que máis deputados ten pero catro partidos uníronse para que non gobernara o PP. Ao día seguinte empezan as liortas entre eles e non se poñen de acordo.
P- Que lle parece que o PP volvera a gobernar Santa Comba.
R-É gratificante que volvésemos a ter unha alcaldesa.Tamén teño unha situación dun pouco de pena, porque non se deron de conta antes. O PP viña de gobernar en Santa Comba e penso que o fixemos ben.E non é normal que por uns poucos votos que nos faltaron gobernasen dous partidos para que non gobernase o PP.
O final por desencontros entre eles fixo posible que recuperara o bastón de mando a nosa alcaldesa. Deséxolle toda a sorte do mundo para intentar facer todo o que non se fixo nestes dous anos e medio neste tempo que resta de mandato. Sei que veñen con moitas gañas. Esta semana incorporouse unha das edís que deron o apoio á moción de censura e espero que entre todos se poidan facer plenos para sacar as cousas adiante e non só para discutir, levarse mal ou insultarse que non ten ningún sentido.