16.2 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Extinguido o incendio na parroquia dubresa de Coucieiro que calcinou máis dun cento de pacas de palla

-AXEGA 112-

Os bombeiros deron por extinguido o lume que se iniciaba a primeira hora desta mañá nun cuberto con palla e leña na parroquia de Coucieiro, no Val do Dubra, en concreto, no lugar de Vilalba.O 112 Galicia tiña coñecemento dos feitos, pouco antes das oito da mañá a través da chamada dun particular e, de xeito inmediato, deuse aviso aos Bombeiros do Xallas, á Garda Civil e a Protección Civil do concello.

Cando chegaron ao lugar, os bombeiros dedicaron os seus esforzos a sacar as pacas de herba ao exterior do cuberto para así poder apagar o lume e arrefrialas.

Finalmente, os servizos de extinción sinalaron que arderan máis dun cento de grandes pacas de herba seca e que, da estrutura onde estaban gardadas, só se viu afectado o teito, xa que se trataba dunha nave aberta que non tiña laterais.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos