3496 fans     1206 seguidores     39 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Anunciate aquí - Adiante Galicia

Marina Quintillán:"Non vos deixedes enganar outra vez"

Marina Quintillán:"Non vos deixedes enganar outra vez"

Entrevistas | Publicada: 14/06/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
8
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 8 minutos e 15 segundos.

A cabeza de lista de Comunistas de Galiza-PCPE, lembra que “o noso partido caracterizou a Podemos,xa desde o seu nacmento, como partido da nova socialdemocracia”. Marina Quintillán falou para Adiante Galicia.

Entrevista a Marina Quintillán

P- Meses despois chegamos a unhas novas eleccións. Que fallou aquí?

A crise económica do capitalismo trouxo aparellada unha intensa crise política do aparello estatal, un desapego de grandes sectores do pobo ás súas institucións fundamentais. A necesidade de recuncar nas urnas é a expresión desta crise política e da incapacidade da clase no poder, de dotarse dun xestor críbel nas eleccións de decembro, así como do fracaso no posterior (vergoñento) regateo, entre os partidos burgueses de toda pelaxe, na procura dunha alternativa de goberno válida para perpetuar no poder aos de sempre.

P- Sorpréndeche que grupos coma Podemos reivindiquen o espazo socialdemócrata?

Para nada. O noso Partido caracterizou a Podemos, xa desde o seu nacemento, como partido da “Nova” Socialdemocracia. O tempo da e quita razóns, e a nós déunola. Desde a súa propia orixe nos movementos "sociais" e "transversais ás clases" antes de existir e configurarse como partido, a función de Podemos é reconducir a crise política a debates falsos e sementar falsas ilusións que desmobilicen e alonxen á clase obreira dos seus obxectivos, que a aparten das súas xenuínas ferramentas de loita, das súas organizacións políticas e sindicais independentes e clasistas.

Desde esa análise non pode sorprendernos que a opción neosocialdemócrata que representa o pacto Podemos-IU se ofreza a pactar coa vella socialdemocracia representada polo PSOE, nin que dea por boa a reforma laboral de Zapatero, nin que acepte o euro, a UE, a OTAN e o poder das grandes empresas que en definitiva é a quen sirve.

P-Cales son as vosas principais propostas para estas eleccións?

Tal como che expuxera na entrevista que tiveches a amabilidade de facerme en Novembro pasado, Comunistas da Galiza-PCPE plantexa catro eixos esenciais da nosa proposta política. Trátase dunhas liñas reitoras que marcan o noso traballo antes, durante e despois das eleccións.

-O avance da clase obreira cara á conquista dos seus dereitos. Se todo o producimos, todo o decidimos.

- A nacionalización dos sectores estratéxicos.

Expropiar aos expropiadores é unha prioridade para establecer un poder democrático e a xustiza social na nosa sociedade.

-A saída do euro, a UE e a OTAN.

A Unión Europea é a estrutura política do imperialismo para impor a ditadura do capital hoxe. O seu brazo económico é o euro, e o seu brazo militar é a OTAN como instrumento de violencia superior. A clase obreira ten que destruír estas estruturas de poder do inimigo de clase para avanzar cara á súa emancipación.

- Agrupar as forzas, unir ás traballadoras e aos traballadores, organizar o contraataque e liberarnos da ditadura do capital. O sistema capitalista está en quebra e xa é incapaz de dar nada positivo á Humanidade, aos pobos e á clase obreira. É o momento de dar paso á nova sociedade, ao poder obreiro, ao socialismo e ao comunismo.

Estes catro eixos principais desenvólvense nunha serie de medidas máis concretas, inmediatas ou a medio prazo, que teñen como obxectivo principal aliviar a situación de emerxencia que vive a maioría social do noso país, confrontando co brutal ataque contra os dereitos laborais, sociais e democráticos que estamos a vivir. Derrogar todas as contrarreformas laborais dos últimos anos, parar o desmantelamento industrial e do tecido produtivo en xeral, defender, ampliar e universalizar os servizos públicos, garantir a vivenda e o transporte como unha necesidade básica que é, transformación radical da política orzamentaria e fiscal, son elementos que desenvolve polo miúdo o noso Programa xunto con moitas outras propostas dirixidas ao acceso masivo á cultura e ao deporte ou á protección do medio ambiente das accións depredadoras e parasitarias do capital privado.

P-Vos tendes claro que sen revolución non hai cambio, verdade?

Grecia e Francia amosan o que lle agarda á clase obreira e ao pobo traballador baixo os gobernos do "cambio" ou do "progreso". O único que alí progresa son os beneficios das grandes empresas, grazas ás contrarreformas laborais como a implementada polo goberno Hollande "de esquerdas". O único que pode mudar para ben as condicións de vida dos traballadores e traballadoras no noso país é seguir o exemplo do cumprido contraataque que as organizacións sindicais e políticas da clase obreira naqueles países están a librar contra a patronal e os seus gobernos, chámense como se chamen.

P-Por último deixóte este espazo para a mensaxe que queiras transmitir ós nosos lectores.

Non vos deixedes enganar outra vez.

Todos os partidos da patronal prometen cambiar as nosas vidas deixando intactas as causas e as bases materiais do poder das grandes empresas, da nosa explotación e empobrecemento. O único voto útil para a clase obreira é o voto polo seu propio Programa, o voto comunista. Non haberá vitoria sen organización e sen loita. Non hai cambio sen revolución.

@AdianteGalicia

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Camariñas confirma que tiene bien definidos los lindes con Vimianzo

Camariñas confirma que tiene bien definidos los lindes con Vimianzo

Rafael Lema-   El concejal de Urbanismo de Camariñas, Juan Carlos Canosa Marcote, ante la sorprendente problem…

Ler máis
Una funcionaria lleva diez días sin trabajar por la falta de un ordenador

Una funcionaria lleva diez días sin trabajar por la falta de un ordenador

Lo denuncia la UGT.Una funcionaria de la Fiscalía de Santiago lleva 10 días sin poder trabajar porque la Consellería …

Ler máis
De la propaganda a la comunicación. Las redes sociales, una herramienta para la comunicación política

De la propaganda a la comunicación. Las redes sociales, una herramienta para la comunicación política

De la propaganda a la comunicación. Las redes sociales, una herramienta para la comunicación política.  Por Milagros…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Costa Artabra
OndaHit
Auto Xallas 2017
Primavera Cultural Santa Comba 2017
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Homenaxe ao Doutor Carlos Guitián

Xosé González Martínez

Manuel Herminio e Xosé Carballido , xunto con outros amigos de Amoeiro, son os encargados de organizaren a homenaxe  ao doutor  Carlos Guitián Rod…

Xosé González Martínez
Ler máis

Ahora Lezo

Nacho Louro

Con la actualidad política me viene a la memoria una intervención en la Comisión de Defensa del Congreso de los Diputados del que fuera Portavoz de…

Nacho Louro
Ler máis

A mentirocracia, a próxima paragem de autocarro

Daniel Lago

Alguém, no seu sano juízo, falava em que a democracia unicamente poderia sobreviver com certo grau de verdade. Porém, hoje vivemos, segundo falam o…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información