A xunta local de goberno estará formada pola alcaldesa María Pose, e por Francisco Ameijeiras(primeiro tenente de alcalde), Javier Facal(segundo tenente), Esther Espasandín e José Pose Pazos.
O novo executivo que preside María Pose Rodríguez xa distribuíu as distintas áreas de goberno. A alcaldesa asume o departamento de Educación, Cultura e eventos, a “número dous” do PP, Esther Espasandín estará á fronte de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, e os outros membros do grupo popular dirixirán Servizos(José García Suárez), Urbanismo(José Pose Pazos), e Medio Rural e Medio Ambiente(Juan Carlos Pérez Gerpe).
Obras, deportes, xuventude e unha área especial para Tega
O portavoz de Terra Galega, Francisco Ameijeiras Álvarez é o novo primeiro tenente de alcalde e coordinará a área de goberno municipal, relacións institucionais e veciñais.
O seu compañeiro Javier Facal é o novo responsable do departamento de Obras e Infraestruturas e Silvia Cancela Blanco encárgase de Deportes e Xuventude.
Segundo puido saber Adiante Galica, xunto a María Pose, Amejeiras e Facal, completan a xunta local de goberno Esther Espasandín(terceira tenente de alcalde) e José Pose Pazos(catro tenente de alcalde).