10.7 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Un camión perde dezaoito bombonas industriais de butano mentres circulaba pola AC-550, en Muros

Informa- Axega 112

Un camión que transportaba setecentas trinta e cinco bombonas de butano perdeu parte da súa carga mentres circulaba pola AC-550, ao seu paso por Muros. En concreto, foron dezaoito bombonas industriais as que quedaron espalladas pola estrada, sen que o seu contido resultase afectado.O 112 Galicia recibiu a alerta do ocorrido a través do condutor do camión ás 13:45 horas.

Acto seguido, dende o CIAE 112 Galicia pasábase o aviso á Garda Civil de Tráfico, ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Muros e á Policía Local.Unha vez no lugar dos feitos, os efectivos do GES regularon o tráfico e colaboraron co camioneiro para recuperar e cargar as bombonas no camión.Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o vehículo puido retomar a marcha con total normalidade.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos