11.6 C
Santa Comba
domingo, mayo 19, 2024

Santa Comba amplia a oferta do Entroido

Haberá dúas xornadas de actividades o sábado 25 e o domingo 26 de febreiro.O concello de Santa Comba presentou o programa de actividades para este Entroido 2017, que teñen como principal novidade a celebración dun baile de Entroido para adultos.

Esta será a primeira actividade. O sábado 25 de febreiro, na Vivenda Comunitaria, a partir das 19.00h, haberá un baile de disfraces, con concurso e premios económicos para os mellores disfraces, contando ademáis con animación musical. A xente interesada en participar no concurso pode anotarse con anterioridade á data na OMIX de Santa Comba e senón o mesmo día durante o baile(ata as 21:30h). Media hora despois comezará o concurso. Nesta actividade colabora a asociación inteercultural Arte-Sáns da Cultura, formada por mozos da localidade.

O domingo 26, as actividades terán como principais receptores ao público infantil, xuvenil e familiar. Desenvolveranse no recinto feiral a partir das 16:00h, coa celebración dunha Festa do Entroido con inchables, obradoiros, xogos tradicionais, animación musical e un concurso de Disfraces con premios para os mellores con diferentes aparatos electrónicos e vales de compra.

Nesta mesma xornada, terá lugar o 1º Concurso de Postres do Entroido «aberto á participación de tódolos veciños e veciñas de Santa Comba».Nos vindeiros días ofrecerán máis información sobre este concurso e sobre o resto das actividades.Desde o concello salientan a colaboración da asociación Arte-Sáns da Cultura e o Grupo de Pais e Nais dos Alumnos de 6º do Colexio Barrié de la Maza.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos