17.5 C
Santa Comba
lunes, marzo 27, 2023

Os Bombeiros de Bergantiños extinguen un lume por unha fuga nun depósito de combustible en Carballo


Info -AXEGA 112


Os ocupantes da vivenda, que puideron abandonala, eran dúas persoas maiores e tres menores. A rápida actuación dos servizos de extinción impediu que os danos foran máis graves. Arderon un termo e algo de madeira, ademais de parte do gasóleo que se verteu.

Un particular informaba, pasadas as 8:20 horas desta mañá, dun incendio nunha casa na Ponte, en Santa María de Bértoa (Carballo). Saía lume polo tellado, e ao lado do inmoble había un depósito de combustible que aumentaba considerablemente o risco da intervención.

Sen embargo, os Bombeiros de Bergantiños presentáronse no punto en poucos minutos e conseguiron extinguir as lapas. O incendio orixinárase por unha fuga no depósito próximo á vivenda, que os servizos de emerxencias procederon a tapar e, finalmente, trasvasárono.

Ademais dos Bombeiros tamén se presentaron no lugar axentes da Policía Local e efectivos de Protección Civil de Carballo, e informouse á Garda Civil e ao persoal do Concello.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos