Saída de vía en Zas venres 25 de marzo- Informa AXEGA 112
Unha persoa precisou asistencia sanitaria despois de sufrir unha saída de vía, no concello de Zas.Todo comezou cando faltaban poucos minutos para ás once e media da pasada noite. A esa hora, o 112 Galicia recibía a chamada dun particular informando dunha saída de vía, no punto quilométrico 2 da DP-9304, e solicitaba asistencia sanitaria para o único ocupante do turismo, posiblemente atrapado no seu interior.
Con estes datos, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia deron aviso aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Santa Comba, a Tráfico e a Protección Civil da localidade, que confirmaron que a persoa atopábase fora do vehículo polo que, finalmente, non foi preciso o uso do material de excarceración.