Este sábado o concello de Mazaricos acolle a I Copa da Asociación de Fútbol Gaélico. Durante toda a xornada hai encontros no campo de fútbol de Pino de Val e durante a mañá tamén no da Picota.Participan os equipos Lume de Beltane, Fillos de Breogán, Auriense, Cambados, Keltoi, Irmandinhos e Estrela Vermelha.
Pola mañá disputaranse encontros de clasificación.A partir das 14.30 xogaranse as semifinais Shield e Senior, disputándose a Final Shield ás 17.15 e ás 18h a Final Senior. Serán en Pino de Val.