15.6 C
Santa Comba
lunes, marzo 20, 2023

Suso Lista, presentador da Festa da Carballeira

O actor, guionista e escritor cormelán Suso Lista será o presentador da 35 edición da Carballeira de Zas, que se celebrará os vindeiros 3 e 4 de agosto.

«Nunca perdín ningunha Carballeira, pero este ano será o primeiro que forme parte do cartel. Os outros anos desfrutei da festa como público, sen dúbida é unha festa que mostra a esencia da Costa da Morte, como ningunha outra» declarou Suso Lista despois de coñecer a elección.

«Queremos que o condutor deste evento, que ano tras ano cobra máis importancia, tanto en Galicia coma fóra, sexa alguén que saiba perfectamente o significado e a esencia que queremos transmitir. Para nos é unha honra que un personaxe como Suso, sexa o noso portavoz neste ano» aseguran desde a organización deste senlleiro festival que se desenvolve na comarca de Soneira, na Costa da Morte.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos