9.2 C
Santa Comba
sábado, noviembre 26, 2022

Dirixentes vascos e cataláns apoian, coa súa presenza, as celebracións do Día da Patria Galega

Actos separados de Anova, En Marea , Podemos e Esquerda Unida// Andoni Ortúzar(PNV) participará no acto de Compromiso por Galicia e Mónica Oltra(Compromís) no de En Marea//

Bloque Nacionalista Galego

Como xa informamos noutro artigo, o BNG, organizará unha tradicional manifestación que arrancará ás 12 do mediodía da Alameda compostelán. O lema é “Sumar por Galiza”.

Este 24 de xullo, Galiza Nova organiza en Bonaval un acto de homenaxe a Rosalía e a Castelao(17h), que será presentado por Iria Carreira e contará coa presenza de Ana Pontón, Alberte Fernández, Alberte Mera, Iria Aboi e Xosé Emilio Vicente. Actuará Nao e Son da Rúa.

Anova – Irmandade Nacionalista

“República desde os concellos” é o lema elixido para o 25 de xullo por Anova – Irmandade Nacionalista. Este martes haberá unha palestra denominada “Novo tempo para a Unidade Popular, na Facultade de Filosofía da USC(19:30H) coa participación do voceiro nacional, Antón Sánchez, da ex-alcaldesa de Badalona, Dolors Sabater(Guanyem) e de María del Río(EH Bildu) coa moderación da xornalista Eva Lema.

O mércores haberá un acto político(13,00h) no parque de Galeras coa intervención de Xosé Manuel Beiras, Antón Sánchez, Oriana Méndez, Branca Novoneyra e Iván Rodríguez. Haberá un xantar popular e unha romaría coa actuación de Leo.

En Marea

En Marea escolleu o parque de Vista Alegre para o seu acto central co lema “A Galicia de todas”. Haberá sesión vermú, xantar popular, poesía, árbores dos desexos. A partir das 13,30h intervirán o portavoz nacional de En Marea, Luís Villares e Mónica Oltra(presidenta de Compromís).

Esquerda Unida

“Defender o municipalismo rebelde para construír República”. Con este lema celebra Esquerda Unida o “Día de Galicia”. A localidade elixida é Mugardos. A partir das 12,30 falará o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, a alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz, o membro da dirección, Carlos Portomeñe e a coordinadora nacional e deputada, Eva Solla.

Podemos Galicia

Podemos estará  no parque do Chanto, en Sarria, para celebrar o “Día da Matria”.A partir das 12,15 intervirán Paula de Santiago(Podemos Sarria), o activista Fadile Chami, a secretaria de organización de Podemos Galicia, Natalia Prieto e a secretaria xeral, Carmen Santos.

Compromiso por Galicia

“É tempo de Galicia”. O acto político de Compromiso por Galicia será no parque Eugenio Granell de Santiago de Compostela(13,30) coa intervencións do presidente do partido, Xoán Bascuas, dos precandidatos ás alcaldías de Santa Comba e Amoeiro, Milagros Corral e David Barbeira, do presidente do PNV, Andoni Ortúzar e do coordinador do PdeCAT no congreso, Jordi Xuclá. Pechará o acto o secretario xeral Juan Carlos Piñeiro Docampo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,792SeguidoresSeguir
505SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos