12.3 C
Santa Comba
sábado, mayo 18, 2024

Rescatan o corpo dun percebeiro falecido en Fisterra

Un percebeiro faleceu esta mañá tras caer caer ao mar nunha zona rochosa mentres afanaba.

Ás 10:20 horas de hoxe, a propia dona do falecido alertaba aos servizos de emerxencia. Indicaba que o seu home caera ao mar nunha zona de rochas, na zona de Castromiñán, no Castelo, en Fisterra. Tamén, persoal sanitario comunicaba ao 112 Galicia que recibirán o aviso doutros alertantes que informaban dun home que perderan de vista tras caer á auga.

Así, de inmediato, dende o Centro Integrado ás Emerxencias do 112 se alertou a Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas e á Garda Civil. Así mesmo, tamén foi requirida a colaboración dos efectivos de Protección Civil de Fisterra.

Finalmente, unha lancha de Salvamento recuperou o cadáver da persoa que trasladaron ata o Porto de Fisterra.

Fonte-AXEGA112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos