11.5 C
Santa Comba
lunes, abril 29, 2024

Morre un garda civil nun accidente de tráfico en Ribeira

Un axente da Garda Civil faleceu esta tarde nun accidente de tráfico rexistrado en Ribeira. Segundo os datos facilitados ao 112, a moto na que circulaba a vítima bateu contra un turismo.

O sinistro rexistrouse na Avenida da Coruña. Unha persoa particular chamou ao 112 ás 15:15 horas desta tarde para dar a voz de alarma.

O persoal da central de emerxencias do 112 informou dos feitos a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Ribeira. A situación tamén foi posta en coñecemento do Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal de Ribeira (GAEM), da Policía Local, da Policía Nacional e da Garda Civil de Tráfico.

Os efectivos sanitarios decidiron mobilizar ata o lugar do sinistro unha ambulancia e un helicóptero medicalizado. Con todo, a intervención da aeronave quedou suspendida, unha vez se confirmou o falecemento do varón.

Segundo se lle indicou ao 112, o axente falecido pertencía ao cuartel de Boiro. Tras o accidente, a circulación na vía quedou cortada, aínda que a esta hora a zona volveu á normalidade.

Fonte-Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos