9.8 C
Santa Comba
domingo, mayo 5, 2024

Ferido grave nun accidente no Pindo

A vítima guiaba un turismo que se lle foi nunha curva, xusto na saída desta localidade da Costa da Morte. Foi bater cunha vivenda e despois de envorcar, quedou atravesado no medio da estrada. O condutor e único ocupante do coche, tivo que ser excarcerado por bombeiros de Cee e do Grupo de Emerxecias Supramunicipal de Muros. Foi trasladado en estado grave ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

Unha persoa resultou ferida esta noite ao envorcar o vehículo no que viaxaba en Carnota. A vítima tivo que ser liberada tras quedar atrapada no interior do coche. Foi trasladada por Urxencias Médicas ao centro hospitalario de referencia. O accidente tivo lugar na AC-550, ao seu paso polo lugar do Pindo. O 112 Galicia recibía a alerta do sinistro por parte dun particular ás 01:00 horas.

Decontado, o CAE 112 Galicia pasaba o aviso a Urxencias Médicas, á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da estrada. O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informou, tamén, aos efectivos do GES de Muros e aos Bombeiros de Cee, que se achegaban con equipos de excarceración. Tras liberar á vítima, retiraron o vehículo, que invadía os dous carrís da calzada. Despois, levaron a cabo unha limpeza na vía.

Nota-Axega112

FOTO-CRTVG

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos