Falece un traballador en Ponteceso

Os servizos de emerxencias nada puideron facer pola súa vida. Informa AXEGA 112

Un veciño alertou ao 112 Galicia ás 12:30 horas e indicou que o home permanecía atrapado baixo as pedras. Durante a chamada, explicaba que se trataba dun muro de obra situado nunha casa do lugar de Anllóns de Arriba, no concello de Ponteceso.

De inmediato, informouse aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Bergantiños, ao GES e á Policía Local de Ponteceso e aos axentes da Garda Civil.

Os servizos de emerxencias chegaron rapidamente ao punto, onde só puideron confirmar o falecemento do operario, cuxo corpo procederon a liberar a continuación os efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos