10.2 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Nova demostración de rexeitamento á venda das centrais

“Non a venda das centrais, non a segregación das actividades”.Nova mensaxe multitudinaria de rexeitamento aos plans de Ferroatlántica desde a Costa da Morte.

“Loitemos pola comarca e polos empregos e como hoxe quedou amosado aquí a unión fai a forza.Non a venda das centrais, non a segregación das actividades”. Así remataba a súa intervención o xornalista Fran Hermida na lecutra dun manifesto, nunha concorrida praza do concello de Cee.

Moita xente quixo estar nesa manifestación para apoiar as demandas dos traballadores, que insisten en opoñerse aos plans da dirección de Ferrotlántica.

Desde a fábrica de Brens e ata o praza do concello transcurriu a marcha reivindicativa da que formaba parte a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, e os deputados Pancho Casal(En Marea) e Loli Toja(PSOE), así como alcaldes e concelleiros da Costa da Morte, entre eles a coordinadora do PP na comarca e voceira en Cee, Zaira Rodríguez.

Mensaxe de Ana Pontón a Núñez Feijóo

En declaracións aos medios de comunicación, Ana Pontón lanzou unha advertencia ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo:”Se cede á chantaxe de Villar Mir e permite a venda das centrais estará asinando a acta de defunción de 284 postos de traballo na Costa da Morte, e permitindo de paso o espolio dun recurso público, -as centrais do Xallas-, para que Ferroatlántica faga unha caixa estimada de 255 M€ Que adicará na súa maior parte a amortizar débeda do grupo”.

Os traballadores go grupo en Francia expresaron o seu apoio as demandas do comité de empresa de Ferrotlántica nunha xornada na que tamén se desenvolvíaunha folga de 24 horas, seguida pola práctica totalidade dos traballadores segundo a CIG e por un 47% segundo a empresa.

No manifesto, os traballadores volveron a ratificar a súa postura e preguntáronse “que  tería sido da comarca se hai 25 anos, Villar Mir conseguira a segregación? A que nos acolleríamos durante estes anos se a Xunta de Galicia autorizara a segregación e o grupo empresarial tivese gañado os xuízos para conseguir a separación das centrais?”.

Fotos- PSOE de Cee, BNG, e As Centrais Non se Vende-Facebook

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos