9.8 C
Santa Comba
martes, abril 30, 2024

Entroido no concello da Laracha

O Concello da Laracha vén de aprobar as bases do tradicional concurso de disfraces de Entroido, que se desenvolverá o martes día 28 de febreiro (festivo local) como evento central da ampla programación municipal que se levará a cabo nesas datas.

O certame vai dirixido a todos os públicos e neste ano repartiranse preto de 3.000 euros en premios. As categorías establecidas son as seguintes:

– Individual infantil (ata 12 anos).

– Individual adulto (a partir de 13 anos).

– Parellas infantil (ata 12 anos).

– Parellas adulto (a partir de13 anos).

– Grupos (de 3 a 8 compoñentes).

– Comparsas (máis de oito compoñentes)

En todas as categorías haberá tres premios. Nas individuais a contía será de 60, 50 e 40 euros. Nas parellas, 70, 60 e 50 euros. Os grupos optarán a 200, 150 e 100 euros.

Nas comparsas haberá dúas modalidades de galardóns diferentes, que serán a posta en escena e o deseño da vestimenta. En ambos casos a dotación económica ascenderá a 250, 200 e 150 euros. A mesma comparsa poderá obter premios nas dúas modalidades. Ademais, ata un máximo de dez comparsas non galardoadas poderán acceder a un premio de 75 euros polo feito de participar, a excepción de que o xurado determine que non reúne as condicións mínimas de calidade.

As persoas, parellas, grupos e comparsas que desexen participar no Concurso de Disfraces do Martes de Entroido deben comunicalo previamente no Concello da Laracha, ben chamando ao 981 605 001 ata o 27 de febreiro ou ben presentándose o propio día do evento na Casa do Concello en horario de 16:00 a 17:00 horas.

Fonte-Concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos