11.5 C
Santa Comba
lunes, abril 29, 2024

Dous feridos nun accidente en Xoane-Carballo

Os bombeiros axudaron a dúas persoas a saír do seu vehículo sinistrado na AC-414, ao paso polo concello coruñés de Carballo. O accidente produciuse uns minutos antes das tres desta tarde concretamente no lugar de Xoane.

Un coche se saíu da vía e acabou envorcando na estrada que vai cara a Malpica. As dúas persoas que viaxaban no interior tiñan dificultades para abandonar o vehículo, así que o persoal do 112 Galicia pediu a colaboración dos Bombeiros de Carballo. Os efectivos do parque comarcal sacaron aos feridos e axudaron a estabilizalos. Finalmente, foron evacuados nunha ambulancia de Urxencias Médicas.

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para informar do accidente. Decontado, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos bombeiros, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos membros do servizo local de Protección Civil. Igualmente, puxeron os feitos en coñecemento dos equipos de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas co obxectivo de eliminar os restos do accidente e restablecer a seguridade na vía.

Fonte-Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos