10 C
Santa Comba
martes, abril 30, 2024

Santa Comba móvese esta fin de semana

A asociación de empresarios de Santa Comba organiza a segunda fin de semana de actividades dentro do programa «Santa Comba Móvese» e no que participan unhas corenta empresas e establecementos hostaleiros, que abrirán este 2 e 3 de setembro de 10 a 22h, con ofertas, agasallos. Haberá un sorteo dunha cea para dúas persoas, un vale de 50 euros de compra ou unha cafeteira para as persoas que merquen nos locais que participan na iniciativa e ademais os hostaleiros ofrecerán menús e pinchos especiais.O venres 2 de setembro haberá inchables e xogos populares no campo da Feira(de 17 a 19h), un tren turístico percorrerá as rúas do pobo(De 16 a 20h) e a charanga Tíralle do Aire amenizará a tarde-noite.

O sábado 3 de setembro, os xogos e inchables trasládanse a contorna da Casa do Pozo (De 12 a 13 e de 16 a 19h.). E desde as cinco do serán actuará a charanga Tíralle do Aire, haberá unha exhibición de capoeira co TFC Santa Comba(18h) e unha masterclass de zumba para nenos e adultos(19h). Haberá churreira e cantina a prezos populares. En caso de choiva as actividades desenvolveranse no recinto feiral. As actividades contan co patrocinio do concello de Santa Comba.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos