3.4 C
Santa Comba
lunes, abril 29, 2024

Investimento no CEIP Otero Pedrayo larachés

O Concello da Laracha está a desenvolver as actuacións oportunas de posta a punto e mellora das instalacións dos centros educativos do municipio de cara ao inicio do curso escolar 2016-2017, previsto para o vindeiro día 12 de setembro.A actuación de maior entidade estase a executar actualmente no interior do recinto do CEIP Otero Pedrayo da Laracha, o que é o colexio do termo municipal no que cursan os seus estudos un maior número de alumnos.

As obras consisten na completa pavimentación con aglomerado asfáltico e quente de ambos laterais e a fronte do novo edificio de infantil -no que se iniciara a actividade a principios do ano 2016-. A actuación tamén contempla renovar o pavimento no ámbito situado entre os outros dous edificios do centro para corrixir as deterioracións provocadas polo paso do tempo.O Concello da Laracha inviste máis de 21.000 euros procedentes integramente de fondos propios municipais co obxectivo de que nestes puntos de actuación no interior do centro educativo o tránsito a pé -e, de existir a necesidade, tamén o rodado- sexa plenamente cómodo e seguro.

O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e o edil responsable da área de obras públicas, Jesús Souto, quixeron comprobar esta mañá persoalmente o desenvolvemento dos primeiros traballos previstos.Nos próximos días, antes do inicio do curso escolar, o CEIP Otero Pedrayo da Laracha será obxecto doutra actuación -valorada en 6.000 euros- dirixida a renovar o parque infantil existente nas inmediacións dunha das entradas do centro.

Nota- Concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos