O sindicalista xalleiro Xésus Gómez Antelo encabeza a candidatura do BNG ao Senado pola provincia da Coruña.
Este veterano activista nacido no Carballal- Vilamaior leva décadas en Suíza. Aínda que a súa traxectoria e moito máis ampla como se pode ver nesta entrevista (ligazón) Gómez tivo, fai anos, un protagonismo especial no caso das “pensións esquecidas”, que permitiu a traballadores galegos e portugueses de parques e xardíns cobrar un diñeiro que non sabían que lles pertencía.
Grazas á iniciativa de Gómez, o asunto chegou nos anos 90 ao programa “Quién sabe donde? de Paco Lobatón.
Acompañan ao xalleiro na candidatura ao Senado Luis Fernández Axeitos e Socorro Cea Vázquez.
Polo que respecta a candidatura ao Congreso, volve a ocupar o primeiro posto o actual deputado Néstor Rego.
A Coruña
CONGRESO
1. Néstor Rego Candamil
2. Rosana Pérez
3. Iria Taibo
4. Mercedes Tobío
5. Xosé Antonio Andrade
6. Sol Agra
7. Manuel Presas
8. Suso De Toro
Suplentes
1. Ana María Pasantes Bouzas
2. Cristina López
3. María do Mar López
4. Primitivo Pedrosa González
5. Ignacio Siota
6. Belén Lendoiro
7. Alberte García Nicolás
8. Saleta Chao
9. Daniel Amarelo
10. Xan Freire