Áurea Domínguez Sisto é a nova alcaldesa de Fisterra. A falta de clarificación do voto do PSOE mantivo a expectación ata o último día pero finalmente a candidata de Alternativa dos Veciños foi investida como alcaldesa cos votos de Alternativa dos Veciños, PSOE e BNG. Os populares, forza maioritaria do pleno, respaldaron a Luis Ínsua.
Foron as súas primeiras eleccións como candidata que supuxeron a irrupción do partido que lidera Ángel García Seoane.
Na quenda de intervencións non participou o portavoz do PSOE, José Marcote. Por parte do Bloque, Xoán Carlos Sar explicou que o seu voto “ é para non permitir un goberno do PP” e anunciou unha oposición responsable.
“Os fisterráns elixiron ao PP”
Os populares puxeron en valor a súa condición de forza máis votada para sinalar que “os fisterráns elixiron ao PP”, pero para Luis Insua “lamentablemente o resto de forzas uníronse para evitar o que Fisterra decidiu, non é nada novo que os perdedores únanse para non deixar gobernar ao meu grupo”.
O voceiro popular criticou que Fisterra fora “moeda de cambio noutro concello”, en alusión as investiduras de Bergondo e Fisterra.
“A primeira alcaldesa da historia de Fisterra”
A nova mandataria lembrou que é a primeira alcaldesa da historia de fisterra”. Agradeceu os apoios de PSOE e BNG e pediu que o bastón de mando “sexa símbolo de unión”, comprometéndose e “gobernar para todos”.
Domínguez Sisto comentou que comezarán o mandato gobernando en minoría pero buscando acordos.