O Presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, participou no acto de presentación da candidatura de Santa Comba e reivindicou “o sentidiño que chegou a Santa Comba hai dous anos coa recuperación da alcaldía”.
Para Rueda foi necesario que o PP volvese gobernar en Santa Comba “para que esta produtiva terra avanzase e para preocuparse polo agro, polo emprego e polo benestar das súas xentes”.
O líder dos populares galegos advertiu que non hai nada feito e que para gañar hai que obter unha maioría absoluta, por iso animou aos seus a traballar duramente para non permitir que en Santa Comba, nin en ningún outro dos pobos de Galicia, “un pacto entre perdedores arrebate alcaldías gañadas polo PP”.
«Santa Comba está hoxe mellor que hai catro anos”
Pola súa banda o presidente provincial do PP, Diego Calvo afirmou que “Santa Comba está hoxe mellor que hai catro anos”. Calvo pediu o apoio á candidatura de María Pose para seguir traballando por un futuro para Santa Comba e comentou que “María Pose é unha alcaldesa que “sempre pide polo seu e polos seus veciños”, e destacou entre os logros a ampliación da Escola Infantil.
María Pose quere «seguir mellorando este concello»
A alcaldesa e candidata á reelección amosou a súa disposición a seguir traballando por Santa Comba e a seguir mellorando este concello “coa estabilidade que dan catro anos para poder cociñar a lume lento un municipio mellor para todos”.
Enagadiu que “estamos sempre dispostos a escoitar aos veciños para atender as súas demandas”, e asegurou que o seu despacho “está sempre aberto”. Remarcou ademáis que “somos moi claros, non temos dobre cara. O que hai é o que se ve. Non dicimos unha cousa por diante e outras por detrás”.
LISTA COMPLETA DO PP DE SANTA COMBA
1. María Josefa Pose Rodríguez
2. Juan José López Múñoz
3. Josefa María Calvo Vilar
4. Silvia Cancela Blanco
5. Fernando Baña Domínguez
6. Andy García Pereira
7. Rafael Liñares González
8. Silvia Couto Nieto
9. Mónica Grille Blanco
10. José Martínez Sandín
11. Paula Rodríguez Canedo
12. Carla Fernández Castro
13. José Manuel Domínguez Turnes
SUPLENTES
1. María José Negreira Mourelle
2. Antonio Pazos Pazos
3. Aitor González Andrade
4. Manuel Boga López
5. María García Pais
6. José Luciano Souto Caamaño
7. María del Carmen Pena Barbeito
8. Inés Pereira Gerpe