11.8 C
Santa Comba
domingo, mayo 12, 2024

O Xallas pon pé e medio nos oitavos da Copa da Costa

Os pupilos de Iván Cancela golearon á Esteirana de Javier Lodeiro nun encontro que os xalleiros encarrilaron moi pronto para ter case certificado o pase aos oitavos de final da Copa da Costa.

Redacción (@AdianteGalicia)

Xallas FC 6 – 0 SD Esteirana

Xallas FC: Fabio (Julián m.46), Christian, Oscarín (Santi Díaz m.64), Pablo Novo, Víctor Vecino (Fuentes m.46), Canedo, Marcos (Rachón m.46), Jesús, Kevin (Sergio Barbeira m.56), Coria e Camilo.

SD Esteirana: Róber (Ponte m.74), Codesido, Tobío, Dani, Rafa, Martín (Brais m.70), Marcos (Campos m.46), Adrián (David m.70), Róber Pladur, Pablo e Jaime.

Goles: 1-0 m.3: Pablo Novo; 2-0 m.5: Pablo Novo; 3-0 m.13 Víctor Vecino, 4-0 m.62: Rachón; 5-0 m.64: Pablo Novo; 6-0 m.76: Santi Díaz (p).

Árbitro: Edgar Soto Eiroa (Colexio coruñés).

Campo: Fontenla (Santa Comba).

Partía o Xallas como favorito neste partido de dezaseisavos de final da Copa da Costa e no minuto tres de partido Pablo Novo poñía o primeiro para os locais tras unha xogada de estratexia e era o propio Pablo Novo, quen dous minutos despois facía o 2-0 nunha nova xogada a balón parado. 

Pouco despois, Victor Vecino facía o terceiro para os locais e practicamente sentenzaba  o encontro e cáseque a eliminatoria. 

O partido proseguiu sen moito ritmo pero cunha Esteirana que defendía cunha gran intensidade e chegaríase ao descanso con 3-0.

No instantes iniciais do segundo acto chegaría a nota negativa cando no minuto 56 Kevin se lesionaba ao caer sobre un ombreiro tras unha dura entrada. 

O Xallas seguiu ao seu e no minuto 62, Rachón apreveitaría un rexeite para facer o cuarto e dous minutos despois Pablo Novo culminaba o seu particular hattrick tras un remate de cabeza a saída dun córner

No treito final do encontro, Santi Díaz transformaba unha pena máxima cometida sobre Christian para poñer no marcador o 6-0 definitivo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos